presentación Novas e Actividades

NOVAS E ACTIVIDADES

Campaña de fomento do uso da lingua galega.
 

Cultura Aberta levou a cabo unha campaña de fomento do uso do galego, coa edición dun folleto e carpetas que foron distribuídas nos centros escolares de Carral. A campaña pretende que no entorno familiar se lles fale en galego aos nenos.

Descárgate o folleto

 
II Xornadas de Recuperacion da Memoria Historica
 

Entre o 8 e o 10 de novembro levouse a cabo a segunda edicion das Xornadas de Recuperacion da Memoria Historica, organizadas por esta entidade, coa colaboracion da Direccion Xeral de Creacion e Difusion Cultural da Conselleria de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.

Participaron como relatores Emilio Grandio coa conferencia “O 36 na Coruna” e Luis Lamela cun ralatorio sobre o Foucellas. As xornadas completaronse coa proxecion do documental “Muerte en el Valle”.


Obradoiro de cantos tradicionais
 

Esta é unha actividade que ten como obxectivo a recuperación e conservación das múltiples cancións da carácter popular en Carral. Como finalidade última está a de chegar a crear un arquivo sonoro que a asociación poñerá a disposición dos veciños e veciñas de Carral e de todas as persoas interesadas neste tema.